O mar e memoria. Expediente Armesto


This product is not available in the selected currency.
Available

Description

historia local co seu coñecemento polo miúdo do territorio, das relacións sociais e das personaxes protagonistas ten, entre outras, a virtude de enriquecer as visións máis xerais, humanizándoas e, decote, situándoas nunha engaiolante clave heterodoxa.De todas estas características participa O mar e a memoria. O Expediente Armesto, en que se fai referencia á documentación enviada entre 1937 e 1938 ao gobernador civil da Coruña polo tenente da Garda Civil José Armesto Anta, destinado ?ex profeso? á vila mariñeira de Malpica para investigar o clima refractario alí existente verbo do novo réxime xurdido pola forza das armas, tras o golpe militar do 17 de xullo de 1936.Os devanditos informes serviron de fío condutor para que, utilizando abundantes fontes arquivísticas, hemerográficas e bibliográficas, o autor constrúa unha historia de desafección e sometemento nunha localidade que vivira afervoadamente a experiencia republicana, tempo en que por primeira vez os poderes públicos tiveron en conta nas súas decisións a maioría social da vila representada polos mariñeiros.En realidade, o acontecido en Malpica repítese en boa medida na maioría das vilas do litoral galego, en que as simpatías polo réxime democrático xurdido o 14 de abril de 1931 eran amplamente maioritarias e nas que as liñas de forza que determinaron o devalar político-social das súas respectivas comunidades piscatorias até o remate da Guerra Civil, son dabondo compartidas.Do Limiar de Dionísio Pereira

Product Details

Price
£14.00  £13.30
Publisher
Edicions Laiovento, S.L.
Publish Date
Language
Galician
Type
Paperback
EAN/UPC
9788484872214

Earn By Promoting Books

Earn money by sharing your favourite books through our Affiliate programme.

Become an Affiliate
We use cookies and similar methods to recognize visitors and remember their preferences. We also use them to help detect unauthorized access or activity that violate our terms of service, as well as to analyze site traffic and performance for our own site improvement efforts. To learn more about these methods, including how to disable them view our Cookie Policy.