Doce cartas a María Victoria Moreno

(Author) (Illustrator)

This product is not available in the selected currency.
Not Available
4.9/5.0
21,000+ Reviews
Bookshop.org has the highest-rated customer service of any bookstore in the world

Description

Doce cartas a María Victoria Moreno (da autora Ánxela Gracián) é unha biografía novelada narrada por un dos seus personaxes máis entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala porque ela o soñou bondadoso, por primeira vez dende que el ten memoria, e quen sabe se para sempre! Fascinado por esa nova vida de lobo que non se ve na obriga de comer carapuchiñas, Garimoso inicia a lectura de todos os libros de María Victoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que sobre ela se escribiron e, logo do mergullo nesa lectura fascinante, decide mandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra desta interesante escritora galega a pesar de nacer en Estremadura. Así, rememoraremos a súa infancia como paraíso perdido; as vivencias da mocidade e as aspiracións desta estapa; a súa concepción da docencia na que defende un ensino responsable e respectuoso que introduce os afectos na aula, así como os gustos e as inclinacións; as lecturas; os gozos; a lealdade eterna aos amigos e aos mestres -aos de de papel e os de carne e óso-, a teimosía; o sentido épico da vida e, finalmente, a escrita como único exorcismo ante a dor de sabernos perecedoiros. Partindo dunha documentación verificable e de feitos efectivamente acontecidos nun tempo e nun espazo, o libro achéganos ?cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos divertidos que atraerán ao público infanto-xuvenil? á vida auténtica e ao legado literario da escritora María Victoria Moreno, galega de sentimento e de adopción dende que veu vivir a Galicia a mediados dos anos 60 e asumiu a súa lingua como propia, sendo o galego dende entón a lingua coa que falou co mundo e contribuíndo co seu traballo incansable á consolidación da literatura e a cultura de noso.

Product Details

Price
£12.50
Publisher
Hércules de Ediciones
Language
Galician
Type
Paperback
EAN/UPC
9788494777066

Earn By Promoting Books

Earn money by sharing your favourite books through our Affiliate programme.

Become an Affiliate