Guía das plantas de Galicia


This product is not available in the selected currency.
Not Available
4.9/5.0
21,000+ Reviews
Bookshop.org has the highest-rated customer service of any bookstore in the world

Description

A Guía das Plantas de Galicia, do prestixioso botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos polo seu contorno. O libro comeza cunha introdución xeral na que se trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades de internet e xeoloxía de Galicia. Inclúese normativa legal sobre protección dos hábitats naturais, o Catálogo galego de especies ameazadas e o Rexistro de especies de interese galego. Logo, aborda a obra as claves dicotómicas que permiten a determinación ata o nivel de especie, para entrar nas fichas descritivas das familias e nas 1.386 especies (a maior parte das que aparecen en Galicia), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos, nomes populares en galego e castelán, descrición -con especial atención ás características que teñen valor diferencial-, hábitats máis habituais e época de floración. A Guía das Plantas de Galicia contén, ademais, máis de 1.000 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como debuxos nos casos en que se considera oportuno. Esta obra monumental remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados.

Product Details

Price
£50.95  £48.40
Publisher
Edicións Xerais
Language
Galician
Type
Paperback
EAN/UPC
9788497829397

Earn By Promoting Books

Earn money by sharing your favourite books through our Affiliate programme.

Become an Affiliate